Ir atrás Ir á páxina de inicio Enviar e-mail a contacta@farodahumanidade.com  
Acción «Abrázame» >
Torre de convidados >
Video mensaxes >
Área de prensa >
 

A Torre de Hércules xa ten 21.800 abrazos.

Os vosos abrazos farán da Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade.

Se aínda non lle deches o teu apoio faino enviando unha foto carné á Torre de convidados.

Se te fotografiaches o venres 30 de maio e non te atopas co buscador, encontraraste na base da Torre 1 cara Este.


Clic para ampliarA Torre de Hércules é nestes momentos candidata ante a UNESCO para ser declarada Patrimononio da Humanidade buscamos difundir ante a Unesco e ante o mundo os valores desta candidatura.

Por iso entre o 30 de maio e o 29 de xuño na Praza de María Pita poderase visitar a instalación “Torre de Hércules. Faro da Humanidade”.

Alí quen queira fotografarase abrazando á Torre de Hércules e esta fotografía compoñerá coa de outros miles de cidadáns unha imaxe nova da Torre que queremos chegue a todo o mundo: a imaxe dun Faro que é o orgullo dunha cidade e recibe a estima dos seus veciños. Ao cabo de 24 horas a vosa foto estará incorporada á páxina web e axudará a cubrir as paredes da torre de abrazos e esta imaxe poderedes descargala, gardala ou enviala como unha postal electrónica.

Así mesmo tamén se poderá deixar gravada en vídeo unha mensaxe de adhesión a esta candidatura. No tempo que resta ata que a Unesco tome a súa decisión definitiva esta páxina web recollerá todas estas imaxes e nela veredes reproducida a vosa participación.
 

castellano  galego  english  français
 Buscar >
Introduza o seu nome ou o seu DNI

Videomensaxes
 
 

Facebook Torre de Hércules